Os Premios Bioga son un recoñecemento ao labor das empresas e emprendedores do sector das ciencias da vida.

Categorías
Bioempresa competitiva
Para aquelas empresas cunha traxectoria empresarial consolidada nos últimos anos e con logros biotecnolóxicos destacados.
Bioempresa innovadora
Para aquelas empresas que aposten pola xeración de valor no mercado a través da innovación, sexa mellorando os produtos ou servizos, a eficiencia dos procesos ou logrando mellor capitalización como resultado das innovacións desenvoltas.
Dotación de 3000€
Bioempresa xove
Para empresas de recente creación que aposten por revolucionarios produtos ou servizos no campo das ciencias da vida e con visión de futuro. Búscase premiar a motivación e a capacidade dos emprendedores de conseguir feitos relevantes nas primeiras etapas da empresa.
Dotación de 3000€
Bioidea empresarial
Este premio busca fomentar a transferencia de coñecemento e o emprendemento nas Ciencias da Vida mediante o recoñecemento ás ideas empresarias xeradas nos centros de coñecemento galegos ou impulsadas por emprendedores.
Dotación de 3000€
Bases da convocatoria
Xurado
Formado por:
- Xunta Directiva de Bioga
- Un representante dunha Universidade galega
- Un representante das Fundacións Biomédicas de Galicia
- Un representante da Axencia Galega de Innovación
- Un representante de cada un dos gañadores da anterior edición (Celtarys Research, KeyBiological e CEAMSA)
- Tres expertos relevantes do sector biotech galego

Gala de entrega IX Premios Bioga
16 de decembro do 2021
Ás 12:30h
Salón de actos Axencia Galega de Innovación (GAIN), Santiago de Compostela