Os Premios Bioga son un recoñecemento ao labor das empresas e emprendedores do sector das ciencias da vida.
Categorías
Bioempresa competitiva
Para aquelas empresas cunha traxectoria empresarial consolidada nos últimos anos e con logros biotecnolóxicos destacados.
Bioempresa innovadora
Para aquelas empresas que aposten pola xeración de valor no mercado a través da innovación, sexa mellorando os produtos ou servizos, a eficiencia dos procesos ou logrando mellor capitalización como resultado das innovacións desenvoltas.
Dotación de 3.000€
Bioempresa xove
Para empresas de recente creación que aposten por revolucionarios produtos ou servizos no campo das ciencias da vida e con visión de futuro. Búscase premiar a motivación e a capacidade dos emprendedores de conseguir feitos relevantes nas primeiras etapas da empresa.
Dotación de 3.000€
Bioidea empresarial
Este premio busca fomentar a transferencia de coñecemento e o emprendemento nas Ciencias da Vida mediante o recoñecemento ás ideas empresarias xeradas nos centros de coñecemento galegos ou impulsadas por emprendedores.
Dotación de 3.000€
Bases da convocatoria
Gala de entrega X Premios Bioga
20 de xaneiro 2023
Ás 12:00h
Círculo de Empresarios de Galicia, Avenida de García Barbón 62, Vigo
Inscríbete para asistir ao evento
Programa provisional:
11:30h – Recepción de asistentes
12:00h – Inauguración
- Carme Pampín – Presidenta de Bioga
- Patricia Argerey – Directora da Axencia Galega de Innovación
- Cristina Fernández – Directora de Innovación de CEAMSA
12:15h – Intervención CEAMSA
- Cristina Fernández – Directora de Innovación de CEAMSA
12:30h – Intervención KeyBiological
- Juan Fernández – CEO de KeyBiological
13:00h – Entrega de premios
13:30h – Clausura
- Francisco Conde – Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia
13:45h – Pinchos Networking
Edicións anteriores
Queres patrocinar os X Premios Bioga?
Ponte en contacto con nós
+34 881 12 04 59
info@bioga.org